Actividades

-->
UNIDADE DIDÁCTICA. LOS JUEGOS DEL HAMBRE
PROXECTO DEREITOS HUMANOS. IES ILLA DE AROUSA


Sinopse: Película de ciencia ficción basada na novela homónima de Suzanne Collins.
A acción transcorre en Panem, unha nación que se corresponde cos restos de América do Norte, gobernada pola tiranía do Capitolio que somete aos seus doce distritos con man de ferro . Como castigo pola rebelión, obrígaos a entregar a un rapaz e a unha rapaza adolescentes a competir nos Xogos da Fame, nos que deben loitar entre eles ata a morte.


  1. A historia comeza o día da “colleita”. Gale e Katniss reflexionan sobre os Xogos. Gale dille que poderían fuxir dos Xogos, vivir no bosque… Que tipo de castigo poderían sufrir?
(cortarlles a lingua –avox-)

  1. Como funciona o sistema das teselas? Gale ten xa 42 teselas. Por que ten tantas?

  1. Cando se vai celebrar o sorteo, o capitolio aproveita para facer a súa “propaganda dos xogos. En que consiste?
(despois dunha rebelión por parte dos distritos contra un goberno que “os alimentaba, os amaba e os pretexía”, o Capitolio quere lembrarlles que “a liberdade ten un prezo” obrigándoos a participar nuns Xogos de “honor, valor e sacrificio”)

  1. No momento en que Katniss se presenta voluntaria, a presentadora pide un aplauso. Que xesto fan os habitantes de Panem? Que significa?

  1. O outro tributo escollido é Peeta. Que imaxe retrospectiva ten a protagonista deste rapaz?

  1. O Capitolio e o distrito 12 son mundos opostos. Escolle 5 palabras que os definan e fai un xogo de antónimos.

  1. No desfile previo aos Xogos, móstrase o ambiente e a acitude dos habitantes do Capitolio. Saberías establecer unha relación entre este acto e o circo romano? Coñeces o significado da expresión latina “panem et circenses”?

  1. Que é un reality show? Podes poñer algún exemplo?


  1. A noite anterior á competición, Peeta confésalle a Katniss que el non quere “ser outra peza dos seus Xogos” A que se refire?

  1. No escenario dos Xogos, os tributos teñen un comportamento diferente coa intención de sobrevivir. Sabes poñer un par de exemplos? Que reflexión fai Cato sobre a súa postura?
(buscar aliados, matar directamente, fuxir…)

  1. A reacción de Katniss cando matan a Rue desencadea unha serie de feitos dramáticos tanto no Capitolio coma nos distritos. Cales?
(Katniss mata por primeira vez; o presidente Snow avisa a Séneca e comeza a rebelión no distrito11, ao que pertencía Rue)

  1. Na historia aparecen animais como o sinsajo, as rastrevíspulas ou os mutos. Sabes explicar a súa orixe?

  1. Por que se considera un desafío ao Capitolio o feito de que os protagonistas prefiran suicidarse coas bagas antes que matarse entre eles?

  1. Escolle unha escena que che guste. Descíbea e razoa a túa escolla.

  1. Cales son os Dereitos Humanos que aparecen vulnerados nesta historia?

Ningún comentario:

Publicar un comentario