domingo, 9 de xuño de 2013

DEREITOS HUMANOS?





DEREITOS HUMANOS. UN MUNDO INXUSTO

Artigo 1º

Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e en dereitos e, dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente entre eles.

  • Cada ano  nacen no mundo máis de 20 millóns de nenos con insuficiencia de peso.
  • Arredor de 923 millóns de persoas atópanse en situación de subalimentación.
·         200 millóns de familias malviven con menos de 1 dólar ao día.

Artigo 2º

Toda persoa ten todos os dereitos e  liberdades proclamados nesta declaración, sen distinción ningunha de raza, color, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole. (...)
Unha de cada tres mulleres foi golpeada, obrigada a manter relacións sexuais ou aldraxada ao longo da súa vida.

Artigo 3º

Todas as persoas teñen dereito á vida, á liberdade e á seguridade persoal

Entre 18.000 e 27.000 persoas seguen condenadas á pena capital en todo o mundo.

Artigo 4º

Ninguén será sometido a escravitude nin servidume e o tráfico de escravos está prohibido.

Máis de 27 millóns de persoas traballan en condicións infrahumanas.

Artigo 5º

Ninguén será sometido a tortura ou a tratamentos crueis, deshumanizados ou degradantes.

Detéctanse casos de tortura e outros tratos crueis, inhumanos,  aldraxantes en máis de 81 países, segundo un informe de Amnistía Internacional.
Artigo 6º
Todas as persoas teñen dereito ao recoñecemento, en todos os lugares, da súa personalidade xurídica.

En máis de 15 países do mundo mantense vixente unha lexislación discriminatoria para os inmigrantes e as minorías.




Artigo 7º
Todas as persoas son iguais ante a lei  e teñen dereito, sen distinción, á mesma  protección.
En máis de  23 países redáctanse  leis que discriminan as mulleres.

A  homosexualidade  aínda é  perseguida en 70 países do mundo e, nalgúns deles, castígase  coa morte.

Artigo 9º

Ninguén pode ser arbitrariamente preso, detido ou desterrado.

Artigo 10º

Todas as persoas teñen dereito, en plena igualdade, a que a súa causa sexa equitativa e publicamente xulgada por un tribunal independente e imparcial.

  Durante o ano pasado, en máis de 54 países celebráronse  xuízos sen as debidas
garantías procesais.
 
Artigo 13º

Todas as persoas teñen o dereito de circular libremente e escoller a súa residencia no interior dun Estado.

Máis de 550 postos de control e bloqueo do exército israelí restrinxen a circulación da poboación de Palestina.

Artigo 14º

En caso de  persecución, toda persoa ten o dereito de procurar asilo noutros países.

Arredor de 200 millóns de persoas viven fóra do seu país de orixe, un  3% da poboación mundial.

Artigo 16º
 A partir da idade núbil, os homes e as mulleres teñen dereito  a casar e a  fundar unha familia. (...)  co  libre e  pleno consentimento dos futuros esposos .
5.000 mulleres son asasinadas cada ano por membros da súa propia  familia.
Unha de cada cinco leva sufrido abusos sexuais desde a súa  infancia e, moitas delas, obrigadas a contraer matrimonio.
 Non existe ningún Estado no que non haxa manifestacións desta clase de violencia, que segue a ser a violación de dereitos humanos máis universal.

Artigo 18º

Todas as persoas teñen dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e  de relixión.

Amnistía Internacional denuncia que existen presos e presas de conciencia en máis de 45 países.

Artigo 19º

Todas as persoas teñen dereito á liberdade de opinión e de expresión.

A liberdade de expresión e de prensa está restrinxida en máis de 77 países do mundo.

Irak é un dos países máis perigosos para exercer a profesión de xornalista.

Artigo 23º

1.Todas as persoas teñen dereito ao traballo, á libre escolla do mesmo, a condicións equitativas e satisfactorias e á protección contra o desemprego.

A Organización Internacional do Traballo (OIT) estima que o número de desempregados no  mundo é de  200 millóns.
Unicef calcula que arredor de 250 millóns de nenos e nenas traballan en todo o mundo.
En España, a cifra de parados menores de 25 anos acada o 50%.

Artigo 26º

1.Todas as persoas teñen dereito á educación. Esta debe ser gratuíta, polo menos a correspondente ao ensino elemental.

100 millóns de nenos no mundo non están escolarizados. Tres quintas partes son nenas.

Artigo 29º
Toda persoa ten deberes a respecto da súa comunidade, xa que é neste espazo onde pode desenvolver  libre e plenamente a súa personalidade. (...)
Nos últimos 30 anos destruíuse 1/3 dos recursos do planeta.
Na selva amazónica tálanse 2.000 árbores por minuto.
Artigo 30º

Ningunha disposición da presente Declaración pode ser interpretada de maneira que outorgue a calquera Estado, agrupamento ou individuo o dereito (…) a destruír os dereitos e liberdades aquí enunciados.

Webs recomendadas
Red de Recursos Educativos de Educación para la Paz, el Desarrollo y la Interculturalidad: base de datos bibliográfica, agendas de direcciones y eventos, propuestas didácticas, ...
Recursos educativos de educación para la paz.
Seminario Gallego de Educación para la Paz: publicaciones, actividades, ...
Seminario de Educación para la Paz de la Asociación Pro-Derechos Humanos de España. Catálogo de publicaciones de educación para la Paz.
Red educativa internacional: recursos, proyectos, debates, ...
Asociación Mundial "Escuela instrumento de Paz".
People for Peace Project
Amnistía Internacional


Películas




DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS. 1948




                                                              
                   
                                          


                                        

                                          
                                        








                                    

PROXECTO CURSO 2012-2013

Neste curso decidimos levar a diante o proxecto sobre os DEREITOS HUMANOS. Nel colaboran os diferentes departamentos con actividades moi variadas e ao longo das tres avaliacións. O remate será unha posta en común e unha festa coas diferentes aportacións. Estades convidados.